luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz

Fai chegar a túa mensaxe de paz

nun libro 

nunha botella... 

Con este lema o alumnado de 2º C traballou  nun pequeno proxecto sobre a paz. 

Escribiron unha mensaxe de maneira codificada nun libro, colocaron mensaxes nunha botella e reflexionaron como segue :

Para nós o Día da Paz significaba que non houbese conflito entre os compañeiros ou que o alumnado estivese en silencio nas clases.

Pero como é a Paz para eles? Para os outros nenos, para os miles de nenos que "non teñen infancia", que teñen os dereitos minguados?

Pois, ben, simplemente non o sabemos, como conta o dito: non sabes o que é ata que che pasa.

Pero o que si podemos é reflexionar como queren eles que sexa o seu MUNDO de PAZ?

Pode chegar a ser algo tan sinxelo como ter satisfeitas as necesidades básicas das persoas, ter igualdade, ter acceso á auga potable, poder ir á escola, poder xogar, non ter que traballar desde o amencer ata o ocaso...

Esta foi a nosa idea para o proxecto, que significa a paz?, e como facer para comunicárllelo aos demais?.  

Seguro que oístes algunha vez falar da mensaxe nunha botella, e por que non facer o mesmo cunha mensaxe de paz? e oístes falar bookcrossing ou BC (o  intrecambio de libros nos lugares públicos para que os recollan outros lectores) e por que non codificar nun libro unha mensaxe?

Deixar que cheguen ata á xente por casualidade e que cambien o seu concepto de paz, como nos pasou a nós-

Paula Pérez Guerra e Alba Alonso Soto

Encontra a mensaxe