sábado, 21 de decembro de 2019

Concurso de ciencia

Concurso de microrrelatos: Viaxe ao 2030

Nesta páxina amtega están as bases para o concurso.

Animádevos a participar.

O xurado xa preseleccionou cinco obras finalistas que están publicadas no facebook de Amtega (https://www.facebook.com/amtega), dentro do apartado Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”, co obxectivo, de que calquera internauta que o desexe poida votar a obra que considere que mellor representa a sociedade galega no 2030. As tres obras gañadoras serán as que máis “gústame” obteñan dentro deste apartado.

Animádevos a votar!!!!! 

domingo, 1 de decembro de 2019

Tres días con tres noites

Igor Ribeiro Ramos ilustrou os versos de Na noite estrelecida de Cabanillas.





Tres días con tres noites baixo o ceo soave,
nun lecer caricioso, de vagar foi a nave.
Crebábase  en albores a luz dun novo día
cando dou no remanso dunha praia tranquía
por altivos e fortes penedos coroada,
a canle bretemosa dun río por estrada.

A alma voadora fuxitiva do mundo,
Rei Artur esvaera nun repouso profundo,
e nas azas dun sono de escura vaguedade
caíra alén dos tempos na infinda soedade,
mais do rubí da chaga que no seu peito ardía,
ledizosa fragancia nos ares recendía.

Balidas, entre néboa de vagorosas rendas,
fuxidas dos feitizos das gaélicas lendas.
nove fillas de reises, a pregar en silenzo,
estendendo un garnido e misterioso lenzo,
mortaxa mol tecida ó lume dun encanto.
Recolleron da barca o corpo do Rei santo
e levándoo a unha furna que en fío da ribeira
froría como un ledo xardín en primaveira,
deitárono nun leito de follas e de rosas,
na man a espada sagra das lides fazañosas.

E entón houbo no ceo miragreiras siñales.
Claríns, voces e sinos resoaron triunfales
e a entrada da furna, a un mandado segredo,
foi cuberta a zarrada por un xigante rochedo
no que, chave dos tempos, a man da
Saudade
Labrara a verba xurdia do consolo:
¡Esperade!
Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida.





xoves, 3 de outubro de 2019

Vivencias meteorolóxicas

Vivencias meteorolóxicas

O traballo ten catro partes:

Parte I

Na primeira parte figurarán os datos do informante:
  • Lugar e data do acontecemento:
  • Datos do informante: nome e apelidos, idade.
  • Lugar e data de recollida
  • A propia narración, redactada con adecuación, coherencia e cohesión: título da historia, narración

Parte II

  • Historia ficticia creada por vós a modo de conto ou lenda da literatura oral tradicional.

Parte III

  • Exemplo de literatura oral: conto, lenda, refrán, cantiga, adiviña,…

Parte IV

  • Realización dun video sobre a lenda ou a vivencia que recollestes

  •  O video entregarase á volta do Nadal, para o segundo trimestre.

Para realizar o traballo podes consultar estas páxinas:







mércores, 25 de setembro de 2019

Planeta en apuros!!!!

Este luns 22 de setembro celebrouse en Nova Iork o cumio contra o cambio climático. Os científicos alertáronnos de que o deterioro do planeta vai máis rápido do que se pensaba, poñendo o foco de atención na alarmante suba do nivel dos océanos.

http://www.crtvg.es/informativos/a-onu-alerta-de-que-o-nivel-dos-oceanos-sobe-mais-rapido-do-previsto-4188382

luns, 23 de setembro de 2019

Textos

  •  Xa que nos entrou unha velutina na aula o primeiro día, imos comezar con elas😅
O terror das velutinas está en Padrón



Comezamos

Xa empezamos!!
Estamos cheos de forza 💪💪e vainos ir fenomenal😍😍😍
Moita sorte neste 2019-2020 👍💜

domingo, 2 de xuño de 2019

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Con este traballo concluíron a lectura do libro de Ledicia Costas.

 Parabéns!!!

 Unha biblioteca con arrecendo, co que queremos convidar a autora á nosa biblioteca.





martes, 21 de maio de 2019

Como é a sociedade do século XIX?

Nestes videos do programa Historias de Galicia imos descubrir  como estaba conformada a sociedade do s. XIX para entender mellor a obra dos autores do Rexurdimento.

Fidalgos:




Caciques:



Emigrantes:

























xoves, 14 de marzo de 2019

xoves, 14 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o día de Rosalía, o departamento de Normalización do Concello de Ames convídanos a rosaliármonos  #RosalíaTaménÉNosa

Participa seguindo estes pasos:
1.-Comparte este vídeo co cancelo #RosalíaTaménÉNosa

2.-Grava o teu propio vídeo (2 minutos como máximo) cun texto de Rosalía (ou para Rosalía).

3.-Comparte o teu vídeo nas redes sociais (Facebook e Instagram) co cancelo #RosalíaTaménÉNosa

4.-Se queres que o compartamos na rede do concello, envíanolo, xunto coa autorización para publicalo, a normalizacion@concellodeames.gal