xoves, 11 de decembro de 2014

Cantigas medievais

Os de terceiro viaxaron no tempo para converterse en trobadores. Aquí están as súas cantigas:





Montaron unha exposición cos seus traballos:






















martes, 28 de outubro de 2014

Lecturas 1º BAC


Para o primeiro trimestre tócanos ler Galván en Saor, despois de ler o libro deixa o teu comentario.

Galván en Saor de Darío Xoán Cabana.

Lecturas 4º ESO


Para o primeiro trimestre tócanos ler Cartas de amor, despois de ler o libro deixa o teu comentario.

Cartas de amor de Fran Alonso

Lecturas 3º ESO


Para o primeiro trimestre tócanos ler A sombra descalza, despois de ler o libro deixa o teu comentario.

A sombra descalza de An Alfaya

mércores, 22 de outubro de 2014

domingo, 19 de outubro de 2014

o substantivo

Un libro LIM para unha primeira aproximación ao substantivo.
http://www.edu.xunta.es/platega/file.php/3459/irenealvarez/libro1/substantivo.html

Historias da lingua

O traballo que tedes que facer consiste en que contedes aos vosos compañeiros esa parte da historia da lingua que vos toca.
Cada grupo terá que realizar unha gravación tendo en conta:
  • Debedes facer primeiro unha selección da información que queredes contar.
  • Elaborar un guíon.
  • Facer unha secuencializacion dos contidos.
  • Ambientar na época.
  • Ilustrar na medida do posible.
  • Algunha referencia á localidade.
  • Informar con claridade, non ides estar alí para dar respostas ás dúbidas.
  • Lingua sen arfificios buscando a espontaneidade
Páxinas que podedes consultar:

 Historia da lingua de Pepe Carreiro http://issuu.com/ratomik/docs/historia_da_lingua

Historias de Galicia-Lingua de reis, lingua do pobo 1/1 https://www.youtube.com/watch?v=xVyP-SE-Dis

Historias de Galicia-Lingua de reis, lingua do pobo 1/2 https://www.youtube.com/watch?v=ER-MpLiy70o

Historias de Galicia-Lingua de reis, lingua do pobo 1/3   https://www.youtube.com/watch?v=vLpRhvGx4rU

Historias de Galicia-Nación de Breogán 1/1 http://www.youtube.com/watch?v=Um6vIHlT6CU

Historias de Galicia-Nación de Breogán 1/2 https://www.youtube.com/watch?v=WiYT3ZDocwY&spfreload=10%20Message%3A%20Error%20de%20sintaxis%20(url%3A%20http%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DWiYT3ZDocwY)

Historias de Galicia-Nación de Breogán 1/3  https://www.youtube.com/watch?v=ICWe9gVYRQA

Historias de Galicia- Onde o mundo se chama Galicia https://www.youtube.com/watch?v=Ju49zZy_WnQ

Galipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Ponteareas

mércores, 15 de outubro de 2014

Que medooooo!!!!!!









Hai alumnos que non teñen medo a escribir,
por iso nos convidan a que tremamos de medo
cos seus relatos.








O libro terrorífico



-Non creo en fantasmas, pero danme medo!

O neno tirou o conto que estaba lendo ao chan.

De súpeto, comezou a moverse unha parede e púxose a funcionar a radio que tiña desenchufada. Notou como alguén lle collía a man para pousarlla no lombo. Súaba frío. Tremía coa febre. Acordou. Unha nota pegada na parede: luns á 3ª exame do libro.



Mario Carrera Alonso 3º B



Os días contados

Esta é a historia dun grupo de amigos que van xuntos ao campamento 

< Camp-Movie>.Os protagonistas son: Lucas, Laura, Marta, María e Érika.
No campamento facíase todo os anos un concurso de curtas. O premio era unha excursión á praia, como non Laura, Lucas, Marta, María e Érika presentáronse , e dicidiron facer unha historia de medo.
Lucas: guionista, Laura: policía , Marta: asasina , Érika: asasinada e   
María: testemuña.
Unha vez decididos os papeis, presentaronse e gañaron……

inda que os únicos que puideron gozar da viaxe foron: Lucas e María.
Todo comezou un venres pola noite, cando comezaron as gravacións, nesa escena Érika ía ser asasinada por Marta, estaban as dúas soas ás escuras na cabana cando se escoitaron uns berros….
Entraron todos correndo e ao chegar atoparon a Marta envolta nun charco de sangue, fora apuñalada 20 veces e Érika estaba ferida.
Ninguén podía explicar o ocorrido, pero por honra a Marta decidiron seguir coa gravación. Esta vez Laura faría de asasina, de novo oíronse os berros e Laura apareceu morta, craváranlle 8 coiteladas e Érika estaba gravemente ferida, non conseguiu chegar ao hospital e morreu uns minutos despois.
A policía investigou o caso pero non foron capaces de a topar ao asasino.
Como a cámara rexistrara todo o ocorrido Lucas e María presentáronse e gañaron. A excursión realizouse o 20 do 8 día no que Lucas e María faleceron nun accidente de coche.


Lucía Rodríguez 3ºB

A Sombra

Esta é a historia dunha rapaza que se chama Carlota. Un día estaba no colexio e de repente viu unha sombra pasar, saíu ao corredor e non había ninguén. As primeiras persoas que lle viñeron a cabeza foron a súa tia, tiña cancro de colón, e seu irmán que padecía autismo.
A tía estivera a piques de morrer e o irmán estivera na UCI. Cando saíu da escola foi correndo para á casa, viu que o seu irmán estaba ben, pero naquel instante soou o teléfono e unha mala noticia chegou á súa vida, súa tía puxérase peor e tiverana que operar de urxencia.
No medio da operación Carlota recibiu unha chamada dun número oculto, colleu e dixo: “ Ola, quen chama?” a persoa contestou: “ Quen chama non importa o que importa e que dentro dunha horas sacaran a túa tía do quirófano e non vai saír viva”, nese momento Carlota soubo que a que a chamou era unha muller e que a súa voz lle resultaba coñecida.
Despois dunha hora saíu o doutor do quirófano e díxolle que intentaran facer todo o posible e que esa noite ía quedar en observación.
Carlota relaxouse xa que súa tía saíra viva. Pero a unha da madrugada chamaron aos seus pais dicindolle que empeorara. Cando chegaron alá a súa tía xa morrera, Carlota empezou a chorar e quixo que a deixasen pasar a vela. Pasou e abrazouna.
O día do enterro Carlota estaba no ceminterio  e de repente sentiu que a súa tia lle dicía: “Carlota, eu era corpo aberto e agora tocache a ti” , Carlota mirou ao redor e viu que todos os mortos se levantaban e que lle dicían: “Benvida ao mundo dos mortos”
Dende entón puido comunicarse cos mortos ata que un dia viu unha nena e adiviñou o seu futuro. Dende aquel traxico momento, decidiu que nunca máis ia falar con quen non debia.



                             Ahinoa Rodríguez Blanco 3º B


O Caderno maldito

Había unha vez uns nenos chamados Juan, Carolina, Leo e Carlos. Un día de clase normal decidiron reunirse diante do matadoiro, no que se di que asasinaron a un home, alí oíanse gritos e víanse sombras que aparecian misteriosamente, logo pecharon a fábrica. Todos chegaron á hora pero Carolina traía consigo un caderno e un vaso que encontrara na porta do matadoiro. No caderno había debuxado un taboleiro da oiuija e na seguinte páxina un debuxo duns nenos aforcados. Eles decidiron xogar unha partida ; a mensaxe era: Morreredes todos.
Entón todos foron as súas casas un pouco asustados. Leo tivo un pesadelo que o despertou ás tres da mañá e empezou a observar. Miraba unha silueta negra cunha corda na man. El ignorouno, pensaba que aquilo era produto da súa imaxinación e seguiu durmindo.
Á mañá seguinte Leo apareceu aforcado no seu cuarto. No colexio non se falaba doutra cousa. Os tres amigos quixeron quedar opara falar do acontecido no parque, no que xogan sempre, ás nove, pero Carolina entendera ás dez e cando apareceu , xa todos se foran. Facíase de noite e ela seguía esperando, de súpeto escoitou un son que viña dos arbustos. Foi mirar e había unha corda e unha foto súa. Ela correu á súa casa non podía durmir entón apareceu aquela silueta negra. Ela desmaiouse e á mañá seguinte estaba aforcada na árbore do seu xardín.
Cando Carlos e Juan se enteraron xa comprendían todo. Tocáballe a eles Carlos dende aquel intre empezou a comportarse dunha maneira moi estraña. Aquela noite aforcouse el mesmo nunha árbore morta do cemiterio. Juan xa non sabía ben o que facer, vía morrer os seus amigos. Entón acordouse daquel caderno que aínda gardaba. El axiña o colleu e foi ao matadeiro e enterrouno diante da porta mentres choraba Juan nunca máis quixo ter amigos.


Mino Castelo Alonso 2ºA


                                                                          O Saco


Esta historia empeza unha noite fría e escura, Claudia e o seu noivo volvían á casa despois de pasar un día na casa dos pais dela, que vivían lonxe.
Non se vía nin un só coche máis, non había ninguén naquela estrada excepto eles. De súpeto o coche parou, quedáronse sen gasolina, non se vía ningunha gasolineira preto e aínda lles quedaba un bo camiño. El decidiu saír buscar una estación e traer unha garrafa de gasolina para poder continuar o traxecto, quedou ela no coche esperándoo.
Pasaban as horas e Raúl non volvía, había moito tempo que saíra e non sabía nada del.
Claudia chamouno por teléfono preocupada pero el non levara o móbil, deixárao alí. Ela seguiu esperando confiando en que pronto chegaría. Pasou media hora e un home petou no cristal do coche, pero non era Raúl, este home levaba un pasamontañas negro. Ela con medo non abriu a porta nin o cristal, o home volveu petar e ao final marchou deixando unha bolsa enriba do coche. Pasados uns vinte minutos a moza decidiu saír do coche e ver que era a bolsa. Abriu a porta, saíu e víu que o que había era un saco.
Morta de medo o abriu e ao ver o seu interior gritou, dentro había unha nota que dicía: "¿Tiveches medo guapa?"
  
Ana Belén Novoa Fernández 3ºB
                                                                                               
O pesadelo de Clara
 
Corría desesperadamente polos corredores daquela casa que parecían ser infinitos. Detrás de cada porta que Clara abría, só había un corredor e así sucesivamente.
Escapaba daquela criatura extraña que non tiña para nada intencións boas. Empezaban a fraquearlle as forzas. Xa non podía correr máis. Ao xirar a esquina, encontrou a aquela criatura. Clara estaba impactada, aterrorizada. Pero cando se deu conta, ese ser xa lle cravara un coitelo no seu ventre. Sentía como a dor se lle agudizaba cada vez máis. Esa criatura presionaba o coitelo como se quixera que Clara morrese lenta e dolorosamente.
De súpeto, espertou. Estaba no seu cuarto. Iso significaba que todo fora un dos seus peores pesadelos. Pero cando ía reconciliar o sono, sentiu que na súa barriga tiña a marca do pixama que lle apertaba.
                         
 Graciela Pellón Torres 3ºB


martes, 30 de setembro de 2014

Comezamos

Neste curso somos os do IES Pedra da Auga de Ponteareas os que o imos traballar arreo.
Comezamos con ánimo e con forza.

luns, 19 de maio de 2014

Traballos do intercambio lingüístico

Estes son algúns dos traballos que os de Escolas Proval  fixeron para presentarlles aos compañeiros de galego cos que estamos a realizar o intercambio lingüístico e cultural  do Espazo das linguas ibéricas de Madrid.

Os de 2º da ESA, en especial Francisco Miniño e coa axuda informática de Beltrán Costas realizou un video no que se pode facer un percorrido por algúns lugares do Val Miñor, para mostrar o azul do mar e o verde da terra.
Pódese pasear por espazos con tanta historia como o IES Escolas  Proval, a ponte romana da Ramallosa, as rúas e o parador de Baiona, a Foz do río Miñor, os cabalos do monte da Groba, cabo Silleiro co seu faro, Monteferro co monumento aos mariñeiros e os canóns para a defensa da ría, praia América o día da exhibición de ultralixeiros, e moitas cousas máis. Aquí volo deixamos para que o vexades.






Os de 4º da ESA tamén traballaron. Así  Manuel Bahamonde, percebeiro de profesión, fixo un documento sobre o oficios dos percebeiros. Aínda que según el é un traballo dificil  o problema máis grande está no furtivismo.





Alberto Costas explicounos como é a cría dos porcos celtas.



O libro A praia dos afogados deulles para realizar:
Un percorrido polos principais escenarios( Javier Penedo).

Esta guía sobre as praias, lugares e a gastronomía de Nigrán. ( Manuel Ángel Guisande e Celestino Martínez).



xoves, 20 de marzo de 2014

Material para a actividade


Mulleres traballadoras


Literatura galega actual

Repasa algún autores da literarura galega contemporánea. con estas actividades.

Carlos Casares

Rapoemas en galego

Acto na semana da muller traballadora

A semana pasada celebramos o semana da muller traballadora e o venres fixémos un acto en memoria da profesora Belén, plantando a súa árbore preferida un ginkgo biloba.

 
wikimedia
 
 
 
 


No acto tamén celebramos o centenario do nacemento de  Rosalía , http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro. Visionamos a primeira parte  do video de todas con Rosalía, no que tamén colaborou a profesora Pura.





mércores, 19 de marzo de 2014

Nesta primeira entrada do blog imos incluír o traballo dunha alumna de 2º ESA que fixo para o día da muller, homenaxeando a unha traballadora de Baiona.

Leonor Barreiro Penedo, Nora
 
Naceu en Baíña (Baiona) no 1938, no seo dunha familia humilde de tres irmáns, pero a ela
tocoulle traballar e non tivo tempo de ir á escola.
Empezou dende moi nova a traballar,  primeiro no monte plantando piñeiros e logo amorriñando a as pedras na construción da estrada que vai dende a Virxe da Rocha ata Cortelliño.
Casa con Secundino, un mariñeiro de sempre. O seu primeiro fillo morre aos 15 días de nacer e ela queda postrada nunha cama durante 2 anos. Nese tempo cuidárona a sogra e as cuñadas.
Con moita forza de vontade sae adiante e teñen 3 fillos, pero outra vez as cousas tórcense e o seu home ten un accidente no barco, queda ferido e xa non poderá ir máis ao mar.
Ela, entón, monta unha tenda de ultramarinos na súa aldea, no baixo da súa casa; iso si, sen saber ler nin escribir, foi o home o que lle ensino a sumar e restar.
Estivo trinta anos na tenda ata que por motivos de saúde lla ten que pasar á súa filla . A tenda chámase Alimentación Nori.
Dá gusto vela falar e como se emociona a contar a historia da vida tan dura que lle tocou vivir ( iso si, cando lle acorda).
Teresa González lemos.