4ºESO


Neste video ides coñecer a figura de Méndez Ferrín. Non tendes que enviarme nada del.


Neste enlace deixo un video sobre Celso Emilio Ferreiro e o poema musicado Moraima

Ides ver este video emitido na tvg: Cunqueiro o señor das palabras, sobre Álvaro Cunqueiro, e estoutro que é unha adaptación do conto de Tristan García de Os outros feirantes

O autor homenaxeado este ano para o Día das  Letras Galegas é Carvalho Calero, neste video e nestoutro tedes información sobre o autor, logo podedes resolver este xogo de scape room.

Esta semana coñéceremos a Anxel Fole. Vede tamén estes dous videos baseados en cadanseu relato de Á lus do candil: Os lobos e Os difuntos falaban castelao.

 Ides ver estes videos sobre a recuperación da literatura en 1949 a lingua galega asoma a orella, o seguinte é sobre o autor Eduardo Blanco Amor e o último, un fragmento da película A esmorga de Ignacio Vilar, baseada na obra homonima de Blanco Amor.

Ides ler Un ollo de vidro de Castelao. 

As vangardas Nesta páxina pódedes saber máis das vangardas.
Le este poema de Amado Carballo. Analiza as imaxes e as personificacións, logo na aula poñémolas en común.

SOL-POR

Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.

A campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.

Bogando nas nubens
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.

Pol-o mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lua aberta
nas ágoas caíran.

Da veira do río,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.

Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a perguiza.

E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.

Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.

Luis Amado Carballo, Proel

Ningún comentario:

Publicar un comentario