martes, 5 de decembro de 2017

A mirada de Uxía





Nunca máis

Son as sete e media da tarde, e a 22 de novembro, xa é de noite. Dende a ventá da miña cociña, que é a que mellores vistas ten, vexo unha paisaxe bonita pero á vez tristeira.
Preto do meu fogar, á dereita, está o dos meus veciños. Soamente se pode mirar con claridade un dos seus laterais, alumeado por un farol do camiño. Ten tres fiestras: dúas na parte superior, e outra no primeiro andar. A vivenda está feita de pedra, é por iso polo que me fascina. Sempre me gustaron as casas de pedra, son serenas, antigas, antigas, fortes,sabias...
Detrás do inmoble hai algúns eidos que os seus donos traballan con moito esforzo.
Vexo tamén, algo máis lonxe, moitas árbores que dividen o panorama en dous mundos moi distintos: o campo e a cidade.
Agora mesmo só se poden apreciar puntiños, moitas luces de diversas tonalidades: vermellas, amarelas, brancas, verdes... Algunhas quietas, outras intermitentes, outras en movemento...
Neste intre estou mirando pola xanela para escribir este texto, pero case non é necesario, pois coñezo a paisaxe de memoria. Non é a primeira vez que me paro a mirar pola ventá, fágoo moi a miudo porque me gusta meditar e recapacitar sobre o que hai ao outro lado
Penso en como era hai uns cen anos atrás, imaxínoo todo máis verde: con máis campos e máis árbores; e con menos edificios, menos automóbiles, menos ruído e menos luces.
A tecnoloxía avanzou moito, suponse que sempre para ben, pero en moitos aspectos empeorou as cousas.
Antes gustábame máis mirar de día que de noite, pero dende fai algo máis dun mes cambiei de opinión.
Dende a miña fiestra, á esquerda da cidade, onde xa non se ven luceciñas, vese o monte Alba, un dos moitos, dos moitísimos montes arrasados polo lume aquel 15 de outubro. Imprisionante. Trémeme o corpo só con pensalo. Non podo crer como existen persoas tan ruíns, tan malvadas, tan desalmadas como para facer tal cousa, como para facerlle tanto dano a unha terra tan fermosa como é Galicia. Penso que a tecnoloxía ten algo de culpa, a xente de hoxe en día só pensa nas pantallas, nos móbiles, nas redes sociais, na televisión, en todas esas luces que vexo eu dende a ventá, que sí, que son bonitas, pero mellores serían as luces das estrelas si se puideran ver como as vían hai cen anos, erguer a cabeza e ver millóns de puntiños brillando no ceo, oxalá, oxalá levanten a cabeza das pantallas os que viven agora, porque, xa que non poden ver as estrelas, substituídas polas luces, que vexan as paisaxes, as preciosas paisexes que aínda ten Galicia. Entón, ao mellor, aqueles que o 15 de outubro se dedicaron a destruir, poderían descubrir o encanto que ten Galicia, e de seguro, chegarían a amala, como o fago eu, e todos os que vivimos do outro lado desa barreira de árbores que se ve dende a miña ventá. Do lado máis verde, máis fermoso.
Hoxe as nubes choran, non sei se por rabia ou por tristeza, pero eu soño, teimuda, con que o volvan facer por felicidade. Que a xente abra os ollos e que non se repita un día como ese, nunca máis.

Uxía Román 3ºB

domingo, 26 de novembro de 2017

Literatura oral I

A literatura tradicional transmítese oralmente de xeración en xeración.
Estes son os traballos de 3º B contando contos e lendas da literatura oral.

Sabela Hidalgo, Nerea Ortega e Paula Sueiro .

Daniel Bugallo



Alex Villar e Marcos Rodríguez


Sergio Fernández e Alexandre Chamadoira



Noelia Abalde



Marco Antonio Mera


Laura Piñeiro e Ana Cabreira



 Yvette Barciela



Raúl Martínez, David Novoa e Javier Álvarez


Noa García e Naiara Pérez


Alba Dapena e Daniela Prieto




Noa Filgueira e Amanda Alonso




Literatura oral II

Estes son os traballos de 3º C

Xosé Andrés Cruz, Anxo Rodríguez


Marta Cid, Iago Costas e Olalla Canabal




Verónica Alonso e Carolina Fernández


 


María Alonso e Ignacio Costas


Uxía Román, Ainara Chantada, Manuel Trincado e Pablo Fernández


Alba Alonso


Nicolás Jorge


Pedro Valeiras

Samuel Martínez


Kevin Pérez e Pablo Lora





martes, 17 de outubro de 2017

mércores, 4 de outubro de 2017

Liiteratura medieval

 Neste enlace ao Fitzwilliam Museum (Cambridge, Reino Unido) podemos ver as fases de elaboración dun manuscrito

Neste video do profesor brasileiro Ibira Costa pódese ver unha sintese da literatura medieval.


martes, 19 de setembro de 2017

luns, 6 de marzo de 2017

Para saber máis do tema 6 de sociais

 División do Reino de Galicia entre dona Urraca (N) e dona Teresa (S):




Inquisición:

Tranhumancia/ Mesta:

Día de Rosalía de Castro

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, o alumnado leu o poema narrativo "A xustiza pola man", da obra Follas novas (1880), despois ilustrou os seus versos, pero adaptándoos aos problemas que a eles lles preocupan.
Estes son os seus traballos:







xoves, 2 de marzo de 2017

Traballos sobre o nacemento das cidades, a muralla de Vigo

Estes son os traballos sobre a muralla de Vigo de 2º ESOB:
Alba Dapena Costas 


Muralla de Vigo,de Alba Dapena de irene-alvarez

Amanda Alonso Villamarín
 Ana Cabreira Sánchez
 

Zona vella e muralla de vigo, ana cabreira sánchez de irene-alvarez

Javier Álvarez Rodríguez

Amanda Alonso Villamarín
 

venres, 24 de febreiro de 2017

Doces do Entroido

Para este Entroido serodio, pero que xa está aquí, o alumnado de 2ºESO poponnos estas receitas de doces.

Practicade con elas e traédenos a proba.






Libro de receitas

mércores, 1 de febreiro de 2017

Nacemento das cidades. A muralla de Vigo

Ides facer un traballo de campo, voluntario,  para  o que podedes pedirlles axuda ás vosas familias.
Trátase de que na fin de semana recollades información gráfica sobre a muralla de Vigo, restos que quedan, cal era o seu trazado, as portas da cidade, as rúas...
Antes de comezar consulta esta información:
- Esta páxina web  Consorcio cascovello de Vigo
- Visualiza este video.
O Castelo de San Sebastián from cascovelloalto on Vimeo.

luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz

Fai chegar a túa mensaxe de paz

nun libro 

nunha botella... 

Con este lema o alumnado de 2º C traballou  nun pequeno proxecto sobre a paz. 

Escribiron unha mensaxe de maneira codificada nun libro, colocaron mensaxes nunha botella e reflexionaron como segue :

Para nós o Día da Paz significaba que non houbese conflito entre os compañeiros ou que o alumnado estivese en silencio nas clases.

Pero como é a Paz para eles? Para os outros nenos, para os miles de nenos que "non teñen infancia", que teñen os dereitos minguados?

Pois, ben, simplemente non o sabemos, como conta o dito: non sabes o que é ata que che pasa.

Pero o que si podemos é reflexionar como queren eles que sexa o seu MUNDO de PAZ?

Pode chegar a ser algo tan sinxelo como ter satisfeitas as necesidades básicas das persoas, ter igualdade, ter acceso á auga potable, poder ir á escola, poder xogar, non ter que traballar desde o amencer ata o ocaso...

Esta foi a nosa idea para o proxecto, que significa a paz?, e como facer para comunicárllelo aos demais?.  

Seguro que oístes algunha vez falar da mensaxe nunha botella, e por que non facer o mesmo cunha mensaxe de paz? e oístes falar bookcrossing ou BC (o  intrecambio de libros nos lugares públicos para que os recollan outros lectores) e por que non codificar nun libro unha mensaxe?

Deixar que cheguen ata á xente por casualidade e que cambien o seu concepto de paz, como nos pasou a nós-

Paula Pérez Guerra e Alba Alonso Soto

Encontra a mensaxe