venres, 1 de maio de 2015

Bouza Brey




O xoves pasado viñeron de Normalización do Concello de Pontearesa ao noso IES, Pedra da Auga, explicarnos quen era Fermín Bouza Brey, un dos persoeiros destacados da nosa vila. Estas foron as notas que tomamos os de 3ºESO.  
Naceu en Ponteareas, un 31 de marzo do ano 1901. Na Praza Maior, chamada antigamente Praza do Cabezón. Naceu alí, porque antes era unha tradición que as mulleres foran ter os fillos á casa das súas nais. Así tamén puidemos ver como era Ponteareas nos anos vinte.
Comezou a estudar Filosofía e Letras, pero cambiou e empezou a carreira de Dereito en Pontevedra e Ourense. Cando terminou a universidade foise a Lleida, onde exerceu como xuíz. Coa guerra civil foi relevado do seu cargo acusándoo de galeguista. Aínda que no 1938 foi rehabilitado como xuíz. Cando estaba en Lleida, foi a moitos países de Europa (Alemania, Francia, etc) realizar traballos de investigación co equivalente ao que hoxe chamariamos unha bolsa de estudos.
Colaborou coa revista Nós e formou parte do Seminario de Estudos Galego, onde traballou sobre a arqueoloxía e a cultura galega. Escribiu moitas obras en galego e en castelán, mais as que estaba escritas en galego foron publicadas en Portugal. O seu afán polos libros, pola etnografía historia, etc., venlle do seu pai, que era un home moi culto. Escribiu Nao Senlleira, unha obra de poesía do neotrobadorismo.
Grazas aos seus estudos, por querer descubrir o significado e a etimoloxía dos topónimos , descubríronse moitos castros antigos, como por exemplo o Castro de Troña, en Pías (una aldea de Ponteareas), que todos coñecíamos pero que non sospeitabamos que se escavara grazas aos seu s estudos e interese.
Foi un home moi activo ata a súa morte e por iso nos explicaron que ensinou aos máis novos. Incluso os domingos os mozos ían á súa casa buscalo para que fose con eles e lles ensinase o moito que sabía sobre castros, en xeral sobre arqueoloxía.
No 1992 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Sara Bugarín e Isaac Garrido.

xoves, 30 de abril de 2015

Literatura contemporánea

Os traballos sobre literatura contemporánea que ides realizar teñen que ratar polo menos tres aspectos: biografía, obra e premios. Lembrade que ao final do traballo hai que citar a bibliografía que se consultou, para iso podedes ir á páxina do IES Porto do Son na aula virtual Con brillo de cometa


Nestas páxinas podedes acceder á información que vos vai servir como inicio do traballo. As mesmas páxinas tamén vos van reedirixir para ampliar a información. Case todos os autores e as compañias de treatro teñen á súa propia páxina ou blog:

- Wikipedia galipedia
- O soportal da literatura galega do Consello da Cultura  Galega.
- Biblioteca virtual galega bvg  
- Editorial Xerais autorespremios
- O blog de Manuel Bragado, editor de Xerais Brétemas 
- Editorial Galaxia autores
-Premios da crítica Premios da Crítica de Galicia
- Premios da editorial SM  O barco de Vapor
- Premios de poesia Premio Espiral Maior de Poesía
- Asociación de actores e actrices de Galicia Premio María Casares 
-Premio de teatro Premio nacional de teatro