xoves, 14 de febreiro de 2019

Día de Rosalía

O 24 de febreiro é o día de Rosalía, o departamento de Normalización do Concello de Ames convídanos a rosaliármonos  #RosalíaTaménÉNosa

Participa seguindo estes pasos:
1.-Comparte este vídeo co cancelo #RosalíaTaménÉNosa

2.-Grava o teu propio vídeo (2 minutos como máximo) cun texto de Rosalía (ou para Rosalía).

3.-Comparte o teu vídeo nas redes sociais (Facebook e Instagram) co cancelo #RosalíaTaménÉNosa

4.-Se queres que o compartamos na rede do concello, envíanolo, xunto coa autorización para publicalo, a normalizacion@concellodeames.gal