sábado, 21 de decembro de 2019

Concurso de ciencia

Concurso de microrrelatos: Viaxe ao 2030

Nesta páxina amtega están as bases para o concurso.

Animádevos a participar.

O xurado xa preseleccionou cinco obras finalistas que están publicadas no facebook de Amtega (https://www.facebook.com/amtega), dentro do apartado Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”, co obxectivo, de que calquera internauta que o desexe poida votar a obra que considere que mellor representa a sociedade galega no 2030. As tres obras gañadoras serán as que máis “gústame” obteñan dentro deste apartado.

Animádevos a votar!!!!! 

domingo, 1 de decembro de 2019

Tres días con tres noites

Igor Ribeiro Ramos ilustrou os versos de Na noite estrelecida de Cabanillas.





Tres días con tres noites baixo o ceo soave,
nun lecer caricioso, de vagar foi a nave.
Crebábase  en albores a luz dun novo día
cando dou no remanso dunha praia tranquía
por altivos e fortes penedos coroada,
a canle bretemosa dun río por estrada.

A alma voadora fuxitiva do mundo,
Rei Artur esvaera nun repouso profundo,
e nas azas dun sono de escura vaguedade
caíra alén dos tempos na infinda soedade,
mais do rubí da chaga que no seu peito ardía,
ledizosa fragancia nos ares recendía.

Balidas, entre néboa de vagorosas rendas,
fuxidas dos feitizos das gaélicas lendas.
nove fillas de reises, a pregar en silenzo,
estendendo un garnido e misterioso lenzo,
mortaxa mol tecida ó lume dun encanto.
Recolleron da barca o corpo do Rei santo
e levándoo a unha furna que en fío da ribeira
froría como un ledo xardín en primaveira,
deitárono nun leito de follas e de rosas,
na man a espada sagra das lides fazañosas.

E entón houbo no ceo miragreiras siñales.
Claríns, voces e sinos resoaron triunfales
e a entrada da furna, a un mandado segredo,
foi cuberta a zarrada por un xigante rochedo
no que, chave dos tempos, a man da
Saudade
Labrara a verba xurdia do consolo:
¡Esperade!
Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida.