mércores, 19 de marzo de 2014

Nesta primeira entrada do blog imos incluír o traballo dunha alumna de 2º ESA que fixo para o día da muller, homenaxeando a unha traballadora de Baiona.

Leonor Barreiro Penedo, Nora
 
Naceu en Baíña (Baiona) no 1938, no seo dunha familia humilde de tres irmáns, pero a ela
tocoulle traballar e non tivo tempo de ir á escola.
Empezou dende moi nova a traballar,  primeiro no monte plantando piñeiros e logo amorriñando a as pedras na construción da estrada que vai dende a Virxe da Rocha ata Cortelliño.
Casa con Secundino, un mariñeiro de sempre. O seu primeiro fillo morre aos 15 días de nacer e ela queda postrada nunha cama durante 2 anos. Nese tempo cuidárona a sogra e as cuñadas.
Con moita forza de vontade sae adiante e teñen 3 fillos, pero outra vez as cousas tórcense e o seu home ten un accidente no barco, queda ferido e xa non poderá ir máis ao mar.
Ela, entón, monta unha tenda de ultramarinos na súa aldea, no baixo da súa casa; iso si, sen saber ler nin escribir, foi o home o que lle ensino a sumar e restar.
Estivo trinta anos na tenda ata que por motivos de saúde lla ten que pasar á súa filla . A tenda chámase Alimentación Nori.
Dá gusto vela falar e como se emociona a contar a historia da vida tan dura que lle tocou vivir ( iso si, cando lle acorda).
Teresa González lemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario