martes, 28 de outubro de 2014

Lecturas 1º BAC


Para o primeiro trimestre tócanos ler Galván en Saor, despois de ler o libro deixa o teu comentario.

Galván en Saor de Darío Xoán Cabana.

12 comentarios:

  1. Galván en Saor paréceme un libro un pouco confuso, a causa dos dous espazos temporais que poden levar a unha mala interpretación do mesmo. A pesar disto, gústame a linguaxe que utiliza e a propia historia en sí.

    ResponderEliminar
  2. Eu quédenme cun sabor agridoce do libro de "Galván de Saor". Por una banda os libros de temática fantástica non me soen gustar, xa que a min fasciname máis a novela realista. Ademáis, non entenín, o cambio continuo de escenario. Da "Taberna de Inés" o "Castelo de Mirez" e do "Castelo de Mirez" a "Taberna da Inés" ( sociedade actual e real a sociedade medieval e fantástica). Pareceume moi interesante a integración dos personaxes das lendas artúricas na obra (Rei Artur, Merlín....). Gustoume a sinxeleza léxica que axuda a que a lectura se faga máis amena.

    ResponderEliminar
  3. O libro resulta un pouco confuso ao mesturar o espazo e tempo real co fantástico, pero iso é a esencia da propia historia: a introducción de personaxes das lendas artúricas nunha Galicia contemporánea e a creación de historias de amor, aventuras e humor a partir deles. A pesar de ser difícil de entender, a historia presenta descripcións breves e vocabulario sinxelo que axuda á lectura amena da mesma. O feito de mesturar tantas historias e personaxes provoca que o libro 'enganche' e incite á continuación da súa lectura.

    ResponderEliminar
  4. O libro Galván en Saor pareceume interesante, pero un pouco complicado de ler e comprender nalgunhas partes. Enténdese bastante ben o cambio do mundo ficticio e artúrico (o castelo, o cabalo, o anano) ao mundo real contemporáneo ( a taberna da Inés, a moto) e a historia pódese seguir bastantee ben. Pero como dixen antes hai palabras e partes que non se entenden moi ben. Por exemplo, palabras un pouco dfíciles de entender de non ser polo contexto: alasando, aguillou, a verea queda enxoita, ullar, e un largo etc.
    Á parte a que me refiro que non se entende moi ben e o capítulo 13 "A montaña do Grial", máis concretamente o que lles ocorre a Silvania e Galván no interior do castelo. Está todo tan mesturado que non se pode apreciar ben que é o mundo real, o mundo imaxinario ou o dos seus soños. Polo demais o resto da historia está bastante ben, e o final non é triste de todo. Non foi dos mellores libros que lin, pero estivo entretido.

    ResponderEliminar
  5. A lectura de Galván en Saor paréceme un pouco complicada de entender, debido a que a historia desenvólvese en dous espazos paralelamente cronolóxicos, un na Galicia actual e outro na Bretaña artúrica e que se van intercalando ao longo da historia. No libro aparece representada a mitoloxía galega, a acomulación de valores épicos, entre outros. Paréceme un libro interesante debido a que se presenta un texto enigmático, cheo de tenrrura, poesía e lenda.

    ResponderEliminar
  6. Cristian Pérez

    O libro pareceume bo,polas súas aventuras e a historia en xeral.
    Hai partes que non se entenden ben ,como cando estan no castelo Galván e Silvania e non se sabe se é un soño ou o que.A parte que mais me gustou é cando Galván mata os cabaleiros porque son malos e a forma no que o conta está bastante ben.O final estuvo ben porque Galván volve con Silvania.

    ResponderEliminar
  7. O libro é bastante entretido, pero ao mesmo tempo e confuso polos cambios tan radicais do espazo e do tempo que transcurre. O primeiro intre no que lees que Galván vai en moto e de repente aparece montado nun cabalo é un pouco extraño, porque eu ata pensei que lera mal e a verdade iso non me concordaba. pero a medida que vas lendo o libro xa lle vas collendo o fío, entón ahí xa se fai entretido, cando conta a historias é amocionante porque te enganchas e queres saber como se resolve.

    ResponderEliminar
  8. O libro pareceume un pouco dificil de entender, sobre todo na parte onde se cambia dun mundo real a un mundo fantástico, pero a medida que o fun lendo, iba enterandome máis da situación e do por qué das cousas que sucedían.
    Como dixen antes, o que máis me liaba era a parte na que cambiaba de mundo, e ademais, non tiña moito sentido que pase de andar en moto a cabalo.
    O libro non estivo mal, foi entretido, pero a min este tipo de novelas non me gustan moito.

    ResponderEliminar
  9. Do libro gustaronme bastante as historias, pero ao mezclalas faciase bastante confuso, e perdiase o fio da historia ao cambiar dun mundo real a un imaxinario.
    Ainda que en xeneral, o libro era interesante, a tématica gustoume e é facil de ler: tiña un vocabulario sinxelo e a redaccion conseguía introducirte na historia gracias a todo os detalles e explicacións concretas que tiña.

    ResponderEliminar
  10. O libro "Galván en Saor", pareceume un libro moi interesante, onde se poden apreciar os cambios entre dous mundos da personaxe principal.
    Ao principio, recoñezo que me custou entender porqué cambiaba dunha moto a un cabalo dunha páxina a outra; sen embargo, e tras ler esas páxinas unhas cantas veces, dinme conta das dúas historias que contaba á vez.
    En resumo, o libro gustoume e o estilo que escolleu Dario Xohan Cabana para facelo pareceume novedoso.

    ResponderEliminar
  11. A min a lectura de Galván en Saor pareceume unha historia bonita e moi intrigante pero que é un pouco difícil de entender senón pos o máximo interese en leela. As transicións espazo-tempo que se producen cando Galván vai na moto e aparece enrriba do cabalo da lugar a bastantes dúbidas. Aínda así, en certos momentos o transcurso da historia incita a seguir lendo por parte do lector.
    Eu recomendaría este libro para a leer. Adrián Carballido.

    ResponderEliminar
  12. Albino:O libro Galván en Saor pareceume un libro moi interesante pero en ocasións era complicado de entender , non porque teña un vocabulario complicado senón devido a que combinaba simultaneamente dous espazos temporais distintos,a Bretaña artúrica e a Galicia actual.O libro era enganchadizo debido a que é un texto enigmático cheo de amor.En conclusión o libro gustoume e é un libro que volvería ler e que recomendaría.

    ResponderEliminar