O
xoves pasado viñeron de Normalización do Concello de Pontearesa ao
noso IES, Pedra da Auga, explicarnos quen era Fermín Bouza Brey, un dos persoeiros destacados da nosa vila. Estas foron as notas que tomamos os de 3ºESO.
Naceu
en Ponteareas, un 31 de marzo do ano 1901. Na Praza Maior, chamada
antigamente Praza do Cabezón. Naceu alí, porque antes era unha
tradición que as mulleres foran ter os fillos á casa das súas
nais. Así tamén puidemos ver como era Ponteareas nos anos vinte.
Comezou
a estudar Filosofía e Letras, pero cambiou e empezou a carreira de
Dereito en Pontevedra e Ourense. Cando terminou a universidade foise
a Lleida, onde exerceu como xuíz. Coa guerra civil foi relevado do
seu cargo acusándoo de galeguista. Aínda que no 1938 foi
rehabilitado como xuíz. Cando estaba en Lleida, foi a moitos países
de Europa (Alemania, Francia, etc) realizar traballos de
investigación co equivalente ao que hoxe chamariamos unha bolsa de
estudos.
Colaborou
coa revista Nós e formou parte do Seminario de Estudos Galego, onde
traballou sobre a arqueoloxía e a cultura galega. Escribiu moitas
obras en galego e en castelán, mais as que estaba escritas en
galego foron publicadas en Portugal. O seu afán polos libros, pola
etnografía historia, etc., venlle do seu pai, que era un home moi
culto. Escribiu Nao Senlleira, unha
obra de poesía do neotrobadorismo.
Grazas
aos seus estudos, por querer descubrir o significado e a etimoloxía
dos topónimos , descubríronse moitos castros antigos, como por
exemplo o Castro de Troña, en Pías (una aldea de Ponteareas), que
todos coñecíamos pero que non sospeitabamos que se escavara grazas
aos seu s estudos e interese.
Foi
un home moi activo ata a súa morte e por iso nos explicaron que
ensinou aos máis novos. Incluso os domingos os mozos ían á súa
casa buscalo para que fose con eles e lles ensinase o moito que sabía
sobre castros, en xeral sobre arqueoloxía.
No
1992 adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Sara Bugarín e Isaac Garrido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario