Tres días con tres noites baixo o ceo soave,
nun lecer
caricioso, de vagar foi a nave.
Crebábase en albores a luz dun novo día
cando dou no
remanso dunha praia tranquía
por altivos e
fortes penedos coroada,
a canle
bretemosa dun río por estrada.
A alma
voadora fuxitiva do mundo,
Rei Artur
esvaera nun repouso profundo,
e nas azas
dun sono de escura vaguedade
caíra alén
dos tempos na infinda soedade,
mais do rubí
da chaga que no seu peito ardía,
ledizosa
fragancia nos ares recendía.
Balidas,
entre néboa de vagorosas rendas,
fuxidas dos
feitizos das gaélicas lendas.
nove fillas
de reises, a pregar en silenzo,
estendendo un
garnido e misterioso lenzo,
mortaxa mol
tecida ó lume dun encanto.
Recolleron da
barca o corpo do Rei santo
e levándoo a
unha furna que en fío da ribeira
froría como
un ledo xardín en primaveira,
deitárono nun
leito de follas e de rosas,
na man a
espada sagra das lides fazañosas.
E entón houbo
no ceo miragreiras siñales.
Claríns,
voces e sinos resoaron triunfales
e a entrada
da furna, a un mandado segredo,
foi cuberta a
zarrada por un xigante rochedo
no que, chave
dos tempos, a man da
Saudade
Labrara a
verba xurdia do consolo:
¡Esperade!
Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario